|
Vigo, 10/11/2010.- Este mes chegarán o mercado os primeros grelos frescos envasados pola pionera empresa A Rosaleira. En feixe, en conserva e agora envasados en bolsa con atmosfera
modificada para garantir que se manteñan frescos entre unha semana e dez
días. Detrás da pioneira iniciativa está A Rosaleira, empresa que forma parte
do grupo Terras Gauda, e que culmina así un proceso de modernización no
que investiu máis de 750.000 euros.
Se os plans se cumpren, nesta primeira campaña que, en función das
condicións atmosféricas, prolongarase ata abril ou maio, producirán ao
redor de dous centenares de toneladas, o que se traducirá nuns ingresos
de 600.000 euros.
Tanto José María Fonseca como Enrique Costas, presidente e xerente de
Terras Gauda, respectivamente, subliñaron onte durante a presentación
que este paso adiante cambiará moitas cousas en temas de innovación
tecnolóxica na pequena factoría do Rosal, pero que o que non vai cambiar
é a súa aposta pola calidade e a produción artesanal. «Non podemos
baixar a garda. Tal e como están os mercados, temos que manter o
espírito co que hai 70 anos naceu A Rosaleira, aínda que non sexa máis
que por egoísmo», afirmou Fonseca.
Información no móbil
Outra novidade que introduciron é a inclusión do código QR na etiqueta.
Isto permite acceder a través do móbil a unha páxina web na que o
consumidor atopará toda a información que poida interesarlle, desde o
proceso produtivo ata novas receitas cos grelos como principal
ingrediente, pasando pola trazabilidad.
Fuente URL
|